Concello e Colexio de Procuradores colaborarán para evitar desafiuzamentos en Vigo
Abel Caballero recibiu este luns ao decano e a vicedecana dos procuradores de Vigo e acordaron firmar un convenio polo cal o Concello e Colexio de Procuradores colaborarán ante posibles casos de desafiuzamentos na cidade. O alcalde destacou que o goberno local destinou no que vai de ano 350.000 euros a 824 familias para evitar este tipo de problemas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns unha proposta de convenio entre o Concello, a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e o Colexio de Procuradores para que avisen o antes posible sobre eventuais lanzamentos de vivendas (desafiuzamentos).
Caballero recibiu ao decano do Colexio en Vigo, José Antonio Fandiño, e á vicedecana, Gisela Álvarez, no que trataron a situación dos xulgados na cidade e os casos de desafiuzamento. " 1 día de antelación, sen tempo para poder reaccionar. "As veces coñecemos o problema o mesmo día do desafiuzamento e non podemos reaccionar, necesitamos máis tempo e este convenio permitiría ter 15 ou 20 días para actuar", apuntou o rexedor.
O Concello, segundo explicou o alcalde, interviu e parou durante este 2019 unha media de un desafiuzamento cada dous días (15 ao mes) na cidade aportando achegas ao aluguer ou alternativas habitacionais como pensións ou pisos.
Caballero engadiu que o goberno local adxudicou en 6 meses (de xaneiro a xuño de 2019) máis de 350.000 euros a 824 familias para evitar lanzamentos e en concepto de achegas de emerxencia para facer fronte a gastos de alugueiro, alimentos, subministros (gas, luz, gastos de farmacia…).
En 2018, as axudas do programa de emerxencia social sumaron un total de 842.000 euros (alimentación, aloxamento, alugueiro, auga, gas, gastos de farmacia, luz, mobiliario, gastos persoais ou gastos de primeira necesidade).
Descargar todas as imaxes