Visitas guiadas e actividades especiais este sábado polo Día Internacional dos Museos
O 18 de maio, Vigo celebra o Día Internacional dos Museos, baixo o lema "Os museos como eixos culturais: o futuro da tradición", cun programa gratuíto de actos no MARCO e no Museo Liste para público de todas as idades e visitas guiadas.
O MARCO ofrece este sábado unha programación especial con actividades de balde para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións "Destacados. Colección Telefónica" e á individual de Álvaro de la Vega dentro do ciclo Metrópole III.
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece visitas guiadas ás exposicións ás 11:30 horas, ás 18 e ás 19:30h, ademais de visitas guiadas á Biblioteca-Centro de Documentación ás 11 e ás 17 horas, da man de Iria Fernández, responsable de Documentación, que achegará aos visitantes os fondos e o funcionamento deste espazo singular.
No tocante ás actividades, ás 12:30h no vestíbulo principal, "Regueifas deste tempo", un desafío oral a cargo de Alba María e Mani Braga con imaxes históricas do edificio do MARCO como motivo de partida e pano de fondo das regueifas.
Ás 20h na planta baixa proxectarase o documental "Rescatada: 68 anos agardando a memoria filmada" -que se estrea o día anterior- acompañada da narración en vivo do historiador Xurxo Martínez, a modo de visionado comentado do filme.
"Letras e figuras... en xogo!" terá lugar de 12 a 14h e de 18 a 20h na primeira planta do MARCO. Son obradoiros infantís para público familiar, dirixido a nenos maiores de tres anos. A partires da idea dos xogos de mesa, e co apoio de música e son, se crea unha actividade colectiva baseada na relación de letras e imaxes.
Por último, a primeira planta do MARCO acolle o "Maratón Sabidurius" desde ás 18 horas. O Sabidurius é un xogo de mesa ideado e creado en Galicia, baseado nas palabras e as súas definicións, na imaxinación e na escrita. Actividade para todos os públicos, o sábado xogarase por quendas organizadas en grupos de ata oito persoas.
O Museo Liste, pola súa banda, continúa a programación especial iniciada o día anterior por mor do Día das Letras Galegas e prevé para este sábado ás 11h a lectura do manifesto do Día Internacional dos Museos. Media hora máis tarde arrancará a visita guiada especial á exposición permanente "De tal pau, tal racha" e ás 12:30h comezará outra visita guiada á nova mostra temporal "A mesa farta: etnografía e cultura alimentaria de Galicia".