Escoitar

O parque de Castrelos acolle esta fin de semana a III Festa das Nenas e dos Nenos

A terceira edición da Festa das Nenas e dos Nenos celébrase esta fin de semana no parque de Castrelos, con entrada gratuíta, e distintas actividades como manualidades, baile, photocall, inchables ou a presenza de Bombeiros e Policía Local. Estará aberto de 11 a 14h e de 16 a 20:30h tanto o 18 coma o 19 de maio.

xoves, 16 mai 2019
1558019969festanenas.jpg
Unha nova edición da Festa das Nenas e dos Nenos chega ao parque de Castrelos. O sábado e o domingo, en horario de mañá e tarde, e con entrada gratuíta, o público infantil poderá gozar de numerosas actividades, como maquillaxe facial, globoflexia, manualidades, chapas, xogos de madeira, bloques de construción, actividade geomag, plastichef, foamball e tiro, pixel art, realidade virtual e inchables.

A Festa das Nenas e dos Nenos ofrece de balde opcións lúdicas para todas as idades, en particular para os máis pequenos. Haberá xogos, obradoiros e actividades inclusivas, sendo algunhas de carácter educativo e de concienciación medioambiental. Como en anos anteriores, o público infantil poderá contar coa presenza da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo en Castrelos.
Descargar todas as imaxes