O MARCO estreará un documental de Antón Beiras
O documento audiovisual foi recuperado fotograma a fotograma e amosa o Vigo dos anos 50. Nel aparecen o arquitecto Gómez Román, Otero Pedrayo ou Fernández del Riego.
O MARCO será o escenario da estrea do documental inédito realizado polo oftalmólogo Antón Beiras, que foi recuperado e restaurado fotograma a fotograma.
As imaxes amosan o Vigo dos anos 50, coa revolución cultural, arquitectónica, pictórica experimentada na cidade. Nelas aparecen personaxes destacados como o arquitecto Manuel Gómez Román, Otero Pedrayo ou Francisco Fernández del Riego e tamén poden verse imaxes das reunións fundacionais da Editorial Galaxia.