O goberno de Vigo contrata o servizo de atención ao público na Rede de Museos Municipais
A Xunta de Goberno Local celebrada este xoves aprobou o expediente de contratación dos servizos de atención ao público no Quiñones de León, na Pinacoteca, na Casa das Artes, na Casa Galega da Cultura e no Verbum. O Concello reserva 936.000 euros para os dous anos dun contrato que sae a licitación.
O goberno presidido por Abel Caballero deu luz verde ao expediente de contratación e abriu o proceso de licitación pública unha vez aprobados os pregos de condicións do contrato.
O Concello saca por dous anos os servizos xerais de atención ao público nas dependencias da Rede de Museos Municipais e o desenvolvemento das actividades, nos centros expositivos de Castrelos, Pinacoteca, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura e o Verbum. Ao efecto, a administración local reserva un orzamento de 936.000 euros.
Tamén na área cultural, o goberno de Vigo comeza coa licitación da xestión dos traballos técnicos derivados da programación de actividades e espectáculos do Auditorio municipal do Concello, logo de ter aprobado este xoves o expediente de contratación e os pregos que regulan o concurso.
O contrato permitirá coordinar e controlar as instalacións, o equipamento técnico de luz, son e audiovisuais, ademais do funcionamento e mantemento do equipo escénico e do control de accesos a atención ao público durante os eventos.