O alcalde entrega os 750 diplomas ao alumnado do programa Vigo en Inglés 2018<br />
Abel Caballero anunciou que o Concello ofertará este ano 900 prazas para que todo o alumnado de ESO que solicite a súa bolsa poida aprender inglés no Reino Unido e Irlanda.
O Concello incrementará neste 2019 o número de prazas para que estudantes de 3º da ESO estuden o idioma a través do programa "Vigo en inglés". En 2018, 750 mozos e mozas pasaron case un mes aprendendo o idioma con familias no Reino Unido, estudando nun instituto en inmersión e "mellorando de forma notable o seu inglés, nunha experiencia excepcional", tal e como detallou o rexedor. Unha representación deste alumnado recibiu hoxe no Auditorio Mar de Vigo o seu diploma de mans do alcalde.
Caballero explicou que en 2018, o Concello ofertara 750 bolsas de inglés e, dado que este ano 2019 se recibiron máis solicitudes, "ofertaremos 900 bolsas, todas as solicitadas". A este número cómpre sumarlle as 100 prazas destinadas a alumnado da Escola Oficial de Idiomas, de maneira que este ano viaxarán a estudar inglés grazas ao Concello, 1000 persoas da cidade.