Escoitar

Abel Caballero: "Este Goberno si aposta polos concellos"

O presidente da FEMP recibiu a resposta favorable do Xefe do Executivo ás súas propostas sobre o uso do superávit, teito de gasto e aplicación directa aos concellos dunha porcentaxe dos fondos europeos. Ademais, comprometeuse a reformar a LRSAL.

xoves, 20 dec 2018
1545315954SanchezPteFEMP_0007.jpg
"É a primeira vez que un presidente do Goberno recibe na súa ronda de contactos cos presidentes autonómicos ao presidente da FEMP", así o sinalou esta mañá Abel Caballero tras reunirse con Pedro Sánchez no Palacio da Moncloa nun encontro que cualificou de "extraordinario". Ao seu xuízo isto significa que o Presidente recoñece aos gobiernos locais o status de Estado, "porque somos Estado", e amosa o compromiso municipalista de Sánchez que "si está apostando polos municipios e as Deputacións". "A reunión de hoxe senta un precedente e marca unha nova senda na relación porque, por primeira vez hai un Goberno con vocación municipalista que entende a demanda de 47 millóns de cidadáns gobernados por concellos", asegurou.

Segundo explicou o alcalde de Vigo, Pedro Sánchez viu con bos ollos a proposta formulada pola FEMP destinada á modificación do teito de gasto, na que se considere o presuposto inicial e non o orzamento liquidado, "un sistema irracional", subliñou, "que prima o gasto en lugar do aforro". O cambio, en liña coa proposta da FEMP estase avanzando no grupo de traballo creado ao efecto co Goberno.

En materia de superávit, anticipou que "este ano, os Gobernos Locais volveremos ter o 0,5% do PIB de superávit, e queremos que sexa empregado nas nosas cidades". Á proposta, o Presidente do Goberno apuntou que este extremo queda garantido nos Presupostos. E que tamén se avanzará na utilización dese superávit en cuestións como construír escolas infantís, bibliotecas, vivendas sociais, puntos de recarga para vehículos eléctricos, etc. Caballero incidiu en que desde a FEMP se aposta por un abano máis amplo de investimentos: "Podemos y queremos usalo en gastos sociais imprescindibles", e explicou que "aínda estamos en tempo de política social. A cidadanía quere política social desde os concellos e debemos facelo" en concordancia cuns orzamentos que serán de alto contido social.

Caballero recordou ademais que os Gobernos Locais contan con 25.000 millóns de remanentes líquidos de tesourería que agora están nos bancos e "que queremos utilizar nas nosas cidades. Pedímoslle ao Gobierno que nos permita usar o 20% dese diñeiro, veno factible e estudarase".

Reforma da LRSAL
O Presidente Sánchez tamén anunciou unha próxima reforma da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, LRSAL, outro dos puntos destacados polo Presidente da FEMP trala reunión. Caballero, que se referiu á norma como "a lei guillotina que cercenou a capacidade de actuación dos concellos", amosou o seu optimismo ante o anuncio do Xefe do Executivo.

Fondos Europeos
Outra das propostas formuladas ao Presidente do Goberno, e acollida por este con "bos ollos", foi a relacionada con incluír na programación dos Fondos Europeos do ano 2020 a aplicación directa aos concellos dunha porcentaxe determinada, permitir que a inversión europea flúa aos municipios porque, tal e como asegurou Caballero, "nós garantimos a utilización deses fondos" e, ademais, "temos unha visión moi certeira das necesidades".

Compromiso contra o cambio climático
Tamén se falou sobre o convenio de colaboración que subscribirán a FEMP e Red Eléctrica Española en cuxo marco se establecerán puntos de recarga de vehículos eléctricos nas cidades, "unha garantía para que os automóbiles eléctricos se implanten de forma masiva", asegurou Caballero.

Trala reunión, na que tamén se falou sobre a nova normativa de plusvalías ou do traballo cos municipios que se encontran en dificultades financeiras, Caballero augurou "bos tempos" para o municipalismo. Unah entrevista con moi bo resultado "que abre perspectivas optimistas para os gobernos locais".





Descargar todas as imaxes