Caballero agradece a asignación de Portos do Estado de 13,3 millóns de euros para o Porto de Vigo
"É o investimento con fondos europeos máis elevada que recibimos en toda a Historia; unha mostra de que temos un aliado no goberno de España", asegurou o rexedor
Caballero mostrou esta mañá a súa "gran satisfacción" tras o anuncio de Portos do Estado de dedicar 13.300.000 euros de fondos europeos ao Porto de Vigo, unha cantidade "extraordinariamente importante". "É o porto que recibiu unha maior asignación de toda Galicia, por encima do da Coruña, Ferrol, Marín e Vilagarcía", apuntou.
O alcalde lembrou que "desde tempos inmemoriais, é a asignación de fondos europeos máis importante que tivo nunca o Porto de Vigo e fíxoa o goberno de Pedro Sánchez co que me vou a reunir mañá. Isto é a mostra de que a cidade ten un aliado no goberno de España".
O Porto de Vigo destinará este diñeiro principalmente ao dique exterior de Bouzas, para gañar 800 metros de liña de atracada, e á rede ferroviaria.