Caballero anticipa expectativas favorables ante a súa próxima reunión con Pedro Sánchez
O presidente da FEMP considera que o encontro do próximo xoves co Presidente do Goberno é "un avance que temos que consolidar" con independencia de quen ocupe ambas presidencias" e subliña que se trata da primeira vez que un presidente español recibe a un presidente da FEMP "na mesma ronda inicial que fai cos presidentes autonómicos".
O presidente da FEMP, Abel Caballero, anunciou esta mañá aos membros da Xunta de Goberno e do Consello Territorial, reunidos na sede da FEMP, que pasado mañá, xoves 20 de decembro, se reunirá co Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, unha ocasión única, xa que "se trata da primeira vez que un Presidente do Gobierno recibe a un Presidente da FEMP na mesma ronda inicial que fai cos presidentes autonómicos, o que significa que o municipalismo está empezando a ocupar o espazo que queremos que ocupe, somos Estado".
A este encontro, Caballero acode coas mellores expectativas porque ademais pode deixar trazado a medio prazo o diálogo da FEMP co Presidente do Goberno e abrir o camiño para entrar na "normalidade", "un avance -subliñou- que temos que tratar de consolidar, calquera que sexa o goberno e o momento, goberne quen goberne aquí e goberne quen goberne en España".
Caballero anunciou que a entrevista se realizará coa "mesma forma, co mesmo protocolo e tratamento que os presidentes autonómicos e ademais entraremos a fondo nos temas que teñen que ver co municipalismo". Entre os temas previstos, propoñeranse cuestións relativas ao uso do superávit, a regra de gasto, a futura normativa sobre plusvalías municipais ou a aplicación da nova lei de contratos. En palabras do Presidente da FEMP abordarase "a nosa visión municipalista, na nosa visión de Estado porque somos Estado e queremos ser considerados como Estado".
"Creo –asegurou- que vai ser moi bo para a cidadanía dos 8.124 concellos de España porque o que vou a propoñer son cuestións que teñen que ver co benestar, coa atención desde a política municipal a políticas sociais nas cidades, a políticas de inversión, deportivas, culturais de xeración I+D e a tantas e tantas cuestións tan importantes para a calidade de vida dos cidadáns".
Ademais do previo da reunión en Moncloa, na Xunta de Goberno e no Consello Territorial aprobouse a concesión dea Chave de Ouro do Municipalismo a quen fora Presidente da FEMP, Tomás Rodríguez Bolaños, acto que se celebrará a finais do próximo mes de xaneiro.
Descargar todas as imaxes