Caballero anima aos nenos para participar nas actividades do Nadal gratuítas no Mar de Vigo
Os nenos e nenas de Vigo contarán este Nadal con numerosas actividades gratuítas que se celebrarán no Auditorio Mar de Vigo e ás que Caballero animou a todos eles a participar. A temática deste ano será "O mundo extraterrestre".
Así, o auditorio acollerá entre o 26 e o 30 de decembro o Parque Nadal, que este ano terá como temática "O mundo extraterrestre". En horario de 11.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas, os nenos poderán participar en photocall, talleres, actividades de aventuras e xogos sensoriais para bebés. "A entrada é libre e gratuíta, coa única limitación do aforamento; queremos que os nenos teñan estas vacacións un lugar para xogar e divertirse", afirmou o alcalde.
Por outra banda, tamén no Auditorio haberá unha serie de espectáculos infantís tamén gratuítos que son: "María Fumaça", o 2 de xaneiro, con pases ás 12.00 e ás 17.00 horas; " Alí Babá, o musical", o 3 de xaneiro ás 17.00 e ás 19.15 horas e "Festival Rock en Familia", o 4 de xaneiro ás 18.00 horas.
Por outra banda, o Carteiro Real estará en distintas zonas da cidade con animacións de rúa nas zonas comerciais. O 22 de decembro estará en Bouzas e Travesas (Praza América e Praza Independencia); o 29 decembro, en O Calvario e Teis; o 4 xaneiro, en Progreso, Príncipe e Casco Vello. Tamén visitará bibliotecas, asociacións veciñais e barrios. Así, o 21 de decembro estará en San Mamede de Zamáns; o 22 de decembro, en Agarimo (San Xoan de Poulo); o 27 de decembro, na Biblioteca Neira Vilas; o 28 de decembro, en Valadares e O Freixo; o 29 de decembro, no Mercado de Teis, AVV Cristo da Vitoria, AVV San Miguel de Oia e AVC San Xurxo de Saiáns; o 30 de decembro, en Helios de Bembrive e Atlántida de Matamá; o 2 de xaneiro en AV Camiño Vello de Coia e AVV Novo Vigo; o 3 de xaneiro, en AV Val do Fragoso e Biblioteca Central Juan Compañel e o 4 de xaneiro en CSCR Beade e Lavadores.
A Cabalgata de Reyes, como é tradicional, celebrarase o 5 de xaneiro. De 10 a 14 horas, as súas Maxestades visitarán hospitais e centros asistenciais. Ás 12.00 horas haberá unha recepción aos nenos no Auditorio Municipal con animacións, chocolate e rosquillas. Ás 18.00 horas comezará o Desfile Cabalgata, que este ano ten como temática os espectáculos infantís. O percorrido comezará en García Barbón (desde a rotonda de Isaac Peral), seguirá por Policarpo Sanz e terminará na Porta do Sol.
Repartiranse catro toneladas de caramelos sen glute e sen azucre e, tras o desfile, o alcalde recibirá en Porta do Sol aos Reis Meigos e entregaralles a chave da cidade para que poidan repartir agasallos e ilusións.
Por outra banda, o Certame de rondallas Concello de Vigo celebrarase o 12 de xaneiro ás 19 horas no Pavillón de As Travesas. Nesta edición participarán SCD Helios de Bembrive, CVC de Valadares, CSCR de Beade, AC Pena de Freixo e CV San Mamede de Zamáns. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do recinto, mediante invitación que se pode recoller no departamento de Festas do Concello de Vigo, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Por último, haberá unha serie de concertos na Praza da Princesa que comezan hoxe mesmo con SAX Angels Mayeusis (19.30 horas). Mañá xoves, actuará o coro Infantil Colexio Acacias (19.10 horas) e ás 19.30 horas Broken Peach. O venres será a quenda da maxia con Jorge Lorenzo (19.10 horas). Este sábado, a música continúa co Concerto Sacro-Barroco na Concatedral de Santa María (20.30 horas). E o 4 xaneiro a banda de Gaitas da ETRAD fará pasacalles en Urzáiz e concerto en Praza Princesa a partir das 19 horas.
As zonas comerciais contarán con actividades de dinamización entre as que destacan 35 actuacións de grupos de gaitas e baile tradicional, 24 actuacións de Papá Noel-Carteiro Real (17.00-20.00 horas) e a repartición de 620 kg de caramelos sen glute nin azucre.
Ademais, haberá obradoiros e chocolatada de Nadal en diferentes puntos da cidade como a peonil do Calvario, Mercado Teis, Lavadores-Barreiro, Praza Independencia, Parque Camilo José Cela- Torrecedeira, Teixugueiras e Bouzas.
Descargar todas as imaxes