O alcalde esixe á Xunta explicacións por reclamar 300 millóns para o Porto da Coruña e "nada para Vigo"
Abel Caballero denunciou que o goberno de Núñez Feijóo "marxina" ao porto vigués, despois de que a Xunta reclamara ao Estado a condonación de 300 millóns de débeda do porto exterior de Coruña e "nada para Vigo", sendo este "a porta de entrada e saída da economía de Galicia". O rexedor esixe a Feijóo explicacións e responsabilidades.
O alcalde vigués considérao un "escándalo sen precedentes" e cuestiona que o goberno "de toda Galicia so teña na cabeza a evolución e as débedas" do porto coruñés, sen considerar o peso do Porto de Vigo. Abel Caballero recordou que a terminal portuaria viguesa é de mercancía xeral e abastece a toda a comunidade, actuando como "porta de entrada e saída da economía de Galicia".
Caballero denunciou este mércores que a Xunta "ignora completamente" o porto de Vigo e reclama "responsabilidades" e que o presidente autonómico "explique xa por que marxina" á terminal viguesa. O alcalde recordou que o propio presidente portuario vigués citara hai algúns días actuacións a executar no porto de Vigo: "podemos presentar obras pasado mañá", asegurou.
O alcalde vigués -quen anotou que o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, forma parte do consello de administración do Porto de Vigo- expuxo que "non digo que non pidan para o porto da Coruña" pero reclamou da Xunta atención ao porto vigués acorde á súa importancia. "A veces teño a sensación de que, para Feijóo, Vigo non é Galicia", concluíu Abel Caballero.