Escoitar

O Concello resolverá en dous meses as 2.950 solicitudes de Axudas Extraordinarias a Familias

O número de solicitudes para recibir as axudas do chamado "cheque social" ascendeu este ano a 2.950, unha cifra similar á do ano pasado. Tal e como lembrou o rexedor, o orzamento desta partida é de 2,5 millóns e a previsión é que a tramitación remate nun par de meses.

venres, 8 xuñ 2018
Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello recibiu este ano 2.950 solicitudes para o programa de Axudas Extraordinarias a Familias de gastos de aloxamento, subministros e alimentación, unha cifra similar á rexistrada o ano pasado. O orzamento para estas partidas é de 2,5 millóns, una cantidade que contrapuxo coas achegas que adican outras cidades como A Coruña, que ten 100.000 euros, ou Ferrol, Santiago, Lugo ou Ourense, que non dispoñen de recurso algún para este tipo de iniciativa social. O rexedor rematou referíndose, ademais, a que Vigo é a única cidade galega que conta cun albergue municipal.