Escoitar

O Concello abre este sábado a inscrición para o desfile de comparsas do Entroido

O goberno de Vigo destina 85.000 euros á organización dos actos do Entroido deste ano, segundo avanzou hoxe venres Abel Caballero, e abre desde este sábado o prazo para solicitar participar no desfile de comparsas, que terá lugar o sábado, 10 de febreiro, ás 18 horas, con saída en Isaac Peral e final na Porta do Sol.

venres, 26 xan 2018
15169853891487944417salesianos.JPG
En rolda de prensa, o alcalde informou da concesión en Xunta de Goberno Local de 85.000 euros á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e á Federación de Peñas Recreativas El Olivo, encargadas da organización do Entroido deste ano.

Desde este sábado, anunciou Caballero, e ata o próximo 2 de febreiro, todos os interesados en participar no desfile de comparsas poderán presentar a súa solicitude no rexistro do Concello. O rexedor adiantou que a cita será o sábado 10 de febreiro ás 18 horas, con saída en Isaac Peral e chegada á Porta do Sol.

O goberno de Vigo tamén validou as bases e a convocatoria do concurso de comparsas, carrozas e disfraces, que se celebrará o luns 12 de febreiro, entre as 18 e as 20 horas. Neste caso, expuxo Caballero, os interesados en participar poden inscribirse no mesmo día na lonxa do Concello, desde as 17 horas.

As solicitudes de inscrición para o desfile de comparsas atópanse a súa disposición na oficina de Información do Concello de Vigo e na web municipal (www.vigo.org).

As entidades ou persoas físicas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, mediante a instancia-formulario de solicitude que se establece para tal efecto nestas bases.

Os interesados que presenten á solicitude fora do Rexistro Xeral do Concello de Vigo, terán que remitir copia da solicitude presentada ao correo electrónico: ofi.festas@vigo.org

O prazo para a presentación de solicitudes será a partir da publicación desta convocatoria ata o día 2 de febreiro de 2018.

Concurso de disfraces
Categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado* (até os 13 anos): o día 12 de febreiro, luns entre as 18,00 e as 20,00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.

Categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado** (a partir de 14 anos): o día 13 de febreiro, martes entre as 18,30 e as 20,30 horas na Lonxa do Concello de Vigo.

* Na categoría "grupo infantil conxuntado" non poderán participar adultos ou nenos de máis de 14 anos. (Os adultos que acompañen aos nenos non poderán ir disfrazados).

** Na categoría grupo xeral conxuntado poderán participar nenos/nenas, sempre que o número de integrantes de mais de 14 anos sexa maior que o número de menores de 13 anos participantes.

As inscricións para participar neste concurso realizaranse o mesmo día, entre ás 17:00 horas e as 18:00 horas, na Lonxa do Concello de Vigo para as categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (até 13 anos) e as 17,30 horas e as 18,30 para a categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (mais de 14 anos).

VIOLENCIA DE XÉNERO
Por outra banda, na sesión do pasado xoves da Xunta de Goberno Local, o Concello aprobou o programa de axudas económicas directas para mulleres en situación de violencia de xénero. Segundo detallou Abel Caballero, o goberno vigués apoia con 12.000 euros ás vítimas nos seus gastos de farmacia, alimentación, transporte e consumos, entre outras.

Engadiu o alcalde que este programa complementa outros apoios do Concello ás mulleres, pois adica ao efecto 1.212.000 euros en campañas contra a violencia de xénero, en actividades de igualdade e deporte feminino, nos actos polo 8 de marzo, no centro de emerxencia, no programa Kanguros, no plan municipal de igualdade de oportunidades, na Casa das Mulleres e na colaboración coa Rede de Mulleres contra os Malos Tratos.
Descargar todas as imaxes