Inscrición dos Concursos do Entroido 2018
A concellería de Festas e Turismo abre o prazo de inscricion dos Concursos do Entroido 2018 de comparsas, carrozas e disfraces.
1.- "CONCURSO DE COMPARSAS E CARROZAS"
O desfile vai ter lugar o vindeiro 10 de febreiro, sábado ás 18,00 horas entre a rotonda de Isaac Peral (saída) e a Porta do Sol (remate). A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o venres, día 5 de febreiro, luns ás 12:00 horas no auditorio da Casa do Concello.
Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases e máis as solicitudes de inscrición se atopan a súa disposición na oficina de Información do Concello de Vigo e na web municipal (www.vigo.org).
As entidades ou persoas físicas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, mediante a instancia-formulario de solicitude que se establece para tal efecto nestas bases.
Os interesados que presenten á solicitude fora do Rexistro Xeral do Concello de Vigo, terán que remitir copia da solicitude presentada ao correo electrónico: ofi.festas@vigo.org
O prazo para a presentación de solicitudes será a partir da publicación desta convocatoria ata o día 2 de febreiro de 2018.
2.- "CONCURSO DE DISFRACES":
Categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado* (até os 13 anos): o día 12 de febreiro, luns entre as 18,00 e as 20,00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.
Categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado** (a partir de 14 anos): o día 13 de febreiro, martes entre as 18,30 e as 20,30 horas na Lonxa do Concello de Vigo.
* Na categoría "grupo infantil conxuntado" non poderán participar adultos ou nenos de máis de 14 anos. (Os adultos que acompañen aos nenos non poderán ir disfrazados).
** Na categoría grupo xeral conxuntado poderán participar nenos/nenas, sempre que o número de integrantes de mais de 14 anos sexa maior que o número de menores de 13 anos participantes.
As inscricións para participar neste concurso realizaranse o mesmo día, entre ás 17:00 horas e as 18:00 horas, na Lonxa do Concello de Vigo para as categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (até 13 anos) e as 17,30 horas e as 18,30 para a categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (mais de 14 anos).
Descargar todas as imaxes