Escoitar

Abel Caballero critica a inacción do Goberno e da Xunta na regulación dos prezos do gasóleo

O rexedor denunciou esta mañá que os vigueses están a pagar o gasóleo case un 4% máis caro que o resto de España, unha situación que se ven mantendo no tempo. A este respecto, demandou á Xunta e ao Goberno de España que actúen para evitar que Vigo sega a soportar esta situación de agravio económico.

xoves, 14 dec 2017
Abel Caballero amosou esta mañá a seu "total desacordo" coa "inacción do Goberno Central na regulación dos prezos do gasóleo xa que esta cidade segue a pagar o combustible máis caro de España, cun custo de case un 4% por riba da media. En rolda de prensa, o alcalde reiterou a demanda que xa fixera hai mes e medio, cando reclamou actuacións ao Goberno Central e á Xunta desde a Comisión Nacional para os Mercados e a Competencia e o Instituto Galego de Consumo e Competencia, respectivamente. Na súa opinión, estes organismos non vixían os prezos mentres se seguen a expoliar os petos dos vigueses.