O alcalde anuncia a rebaixa do caudal ecolóxico dos encoros, con auga para 75 días
Abel Caballero trasladou que desde este mesmo venres se vai establecer un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Vigo, unha cifra que garante subministro de auga para 75 días. O rexedor tamén anunciou o acordo coa Xunta no convenio para a execución de emerxencia do transvase desde o río Verdugo.
O alcalde de Vigo informou que hoxe venres se establece un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Eiras e Zamáns, unha "moi boa nova" que, unido ao volume de auga embalsada, garante 75 días de subministro.
Caballero amosou a súa "satisfacción" polo axuste do caudal, pois se atende unha petición de Vigo, ao tempo que viu unha "mágoa" que esta medida non se adoptara cando o propio alcalde o solicitara -no mes de outubro-, pois hoxe as reservas de auga darían para trinta días máis. Con todo, o alcalde de Vigo insistiu en solicitar a colaboración cidadá no aforro de auga, xa que a situación de seca é "límite".
En declaracións aos medios, o alcalde tamén anunciou o acordo no contido do convenio entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia para a execución de emerxencia dun transvase de auga desde o río Verdugo ata Eiras. O executivo autonómico aceptou as melloras técnicas propostas polo Concello no borrador de convenio para a súa tramitación pola vía de urxencia.
Segundo o acordo acadado, o Concello abonará o 80% dos 5,5 millóns que se estima custará a obra, polo 20% da Xunta de Galicia. Caballero recordou que a competencia na materia é autonómica e lle correspondería á Xunta o pago íntegro da obra ao afectar e beneficiar a varios municipios, mais é un tema "vital" polo que o Concello suplirá a "ausencia" de calquera administración, concluíu o primeiro edil.