Escoitar

Caballero aposta por que as innovacións en seguridade industrial "beneficien a toda a sociedade"

O alcalde inaugurou o primeiro Congreso Internacional "A prevención e a Seguridade Industrial 4.0" que se celebra hoxe xoves e mañá venres no Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, destacou a importancia de que a "capacidade de innovar beneficie ao conxunto da sociedade". <br />

xoves, 23 nov 2017
1511446345ingenieros.JPG
O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) analizan hoxe e mañá no Círculo de Empresarios de Galicia as novas tendencias en prevención e seguridade industrial. O alcalde, que participou na inauguración deste primeiro congreso internacional, destacou a importancia de que "a capacidade de innovar beneficie ao conxunto da sociedade, porque aí reside o progreso". Para iso, afirmou, "este tipo de encontros entre os distintos sectores son esenciais".

Pola súa banda Fernando González, Subdirector Xeral Técnico do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ( ISSGA), explicou que os avances na industria 4.0 como os robots colaborativos, nanotecnoloxía e bigdata "son tamén factores importantes en seguridade". Engadiu que os retos actuais en Prevención céntranse na maternidade, o envellecemento e as baixas por enfermidade e, por último, lembrou a súa implicación na concienciación sobre prevención desde a infancia e no fogar.

Jorge Cerqueiro, presidente de CGETI e Carlos Martínez Corral, presidente de APROSAL deron tamén a benvida aos 155 participantes no congreso e apostaron pola defensa da sociedade desde a prevención.
Descargar todas as imaxes