Escoitar

Vigo recibe un recoñecemento nacional pola atención ás mulleres vítimas de violencia machista

O Ministerio de Sanidade e a FEMP veñen de recoñecer a labor do Concello de Vigo na atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Este galardón súmase a outro que xa conseguira no ano 2011, neste caso no ámbito da prevención.

xoves, 23 nov 2017
Abel Caballero deu conta esta mañá dun premio que vén de recibir o Concello pola súa labor na loita contra a violencia de xénero. O galardón, outorgado polo Ministerio de Sanidade e a FEMP, recoñece o traballo realizado no Centro de Información da Muller (CIM), a rede de vivendas de protección, o programa de atención psicolóxica a fillos e fillas de usuarias do CIM, así como as axudas económicas ás mulleres. En declaracións aos medios, o alcalde agradeceu un premio que fixo extensivo a todos os que participan na loita contra a violencia machista.

Este premio no V Concurso de boas prácticas locais contra a violencia de xénero, na categoría de atención, súmase a outro que conseguiu o Concello de Vigo en 2011 co programa Enlaza Vigo, neste caso no eido da prevención.