Escoitar

Caballero resalta a "absoluta coordinación" coa que se extinguiron os lumes do pasado mes de outubro

O Pleno extraordinario celebrado onte mércores deixou clara "a absoluta coordinación" baixo a que se traballou durante as 15 horas que se tardaron en extinguir os lumes. Unha vez máis, o alcalde deu ás grazas á cidade "por estar á altura das circunstancias".

xoves, 23 nov 2017
Abel Caballero asegurou que no Pleno extraordinario sobre os incendios quedou clara a "absoluta coordinación" coa que se traballou na cidade durante os incendios dos pasados 15 e 16 de outubro, baixo a organización do alcalde. Na súa opinión, na sesión plenaria evidenciouse que o excelente comportamento dos bombeiros, policías, protección civil, servizos públicos e cidadanía foi o que permitiu acabar en 15 horas cos lumes máis desoladores que houbo nunca no entorno dunha cidade de Galicia.

Aproveitou para agradecer de novo a todos os que participaron na extinción, felicitando a toda a cidade "porque estivo á altura das circunstancias".