O rexedor di que a Semana do Atlántico de vela "coloca a Vigo no lugar que lle corresponde"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe na presentación da XVIII Semana do Atlántico Cidade de Vigo de vela, unha serie de probas na ría, pero tamén en Portugal, "que distinguen á cidade e colócana no lugar onde sempre debe estar nos deportes de mar, dixo.
O bandeirazo de saída á Semana, que é o Trofeo Martín Barreiro de vela lixeira dende que naceu en 1974, reuniu no Salón Nobre do Real Club Náutico de Vigo, entidade organizadora, ás administracións públicas, patrocinadores privados, estamento federativo, clubs náuticos que apoian á sociedade viguesa e tamén á Armada.
O rexedor valorou o apoio da Deputación, "que agora se move e está ao unísono con Vigo", e felicitou ás empresas privadas pola súa cooperación constante cos eventos deportivos da cidade. Ademais, sostivo que "non imaxinamos os seguintes cen anos sen o Náutico en Vigo", definindo á entidade que preside Rafael Tapias como "unha institución vital, clave e enraizada".
Caballero, que lembrou que os regatistas son "o eixo central" destas probas, pediu ao club que fixese chegar aos participantes "o noso agarimo e admiración por tanta dedicación e traballo".
A serie de regatas deste ano contará con máis de 470 barcos e 600 tripulantes de once países, segundo explicou a organización. A Semana do Atlántico componse de tres ciclos: unha fin de semana para as clases 420, Vaurien, Snipe, Finn e Láser (días 21 e 22 outubro), outro ciclo para os Optimist en Viana do Castelo (Portugal, 28 e 29 outubro) e un terceiro, o Meeting Cidade de Vigo de Optimist, que se desenvolverá entre o 3 e o 5 de novembro. A proba de Optimist de Portugal (IV Troféu Cidade de Viana do Castelo) e o Meeting Cidade de Vigo puntúan xuntas para dar un campión da Semana, como vén sucedendo dende 2014.
Pola súa banda, o presidente do Náutico, Rafael Tapias, asegurou que "Vigo e o Náutico poden presumir da mellor serie de regatas de vela lixeira do país" e puxo o acento na "fructífera" colaboración con Viana do Castelo. "A nosa unión levou a esta proba a situarse como un evento imparable", dixo.
Descargar todas as imaxes