Escoitar

O goberno de Vigo cooperará con 30.000 euros co proxecto humanitario de ACNUR en Iraq

Abel Caballero informou este martes da subvención que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá en favor da entidade "España con ACNUR". O alcalde explicou que, coa achega do Concello, unhas 4.800 persoas recibirán artículos básicos esenciais nas zonas de Salah al Din e Kirkuk.

martes, 10 out 2017
O goberno vigués aprobará mañá mércores a concesión de 30.000 euros a "España con ACNUR", o comité español do Alto Comisionado das Nacións Unidades para os Refuxiados, unha cantidade coa que Vigo apoia o seu proxecto humanitario coa poboación iraquí.

O Concello de Vigo, como recordou o alcalde, xa coopera cun programa de asistencia humanitaria en Siria, cooperación internacional que agora extende a Iraq a través da nomeada entidade: "Vigo vai estar en Iraq igual que xa está chegando a Siria", apuntou.

A subvención municipal axudará a que unhas 4.800 persoas pertencentes a 800 familias -nas zonas de Salah al Din e Kirkuk- poidan ter acceso a asistencia humanitaria para cubrir parte das súas necesidades básicas. A iniciativa de ACNUR en Iraq supón a distribución de artigos básicos esenciais entre a poboación desprazada.

Cemiterios
Abel Caballero informou tamén da adxudicación do contrato de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos cemiterios municipais. Este acordo irá mañá á Xunta de Goberno Local e suporá un gasto municipal de 856.000 euros para os próximos tres anos.

O Concello contrata así estes servizos nos cemiterios da súa titularidade, é dicir, os de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns.