Caballero augura o éxito da Semana Abanca de náutica
O rexedor participou este luns na presentación do programa da Semana Abanca que se desenvolve entre o 16 de setembro e o 11 de novembro nas rías de Vigo, Baiona, Pontevedra, Ares e Sada e que este ano inclúe o piragüismo como novidade. Haberá tamén competicións de vela e remo coa previsión de que participen máis de 2.500 deportistas, polo que Caballero felicitou á organización, aos patrocinadores e a todos os participantes polo éxito desta nova edición. <br />
