Escoitar

Caballero visitará o Concello da Coruña para participar nunha homenaxe a Paco Vázquez

O rexedor acompañará ao ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez no descubrimento dun cadro que homenaxeará a súa traxectoria ao fronte do Goberno local de A Coruña en dependencias municipais Antes, Caballero manterá un encontro de cortesía con actual rexedor, Xulio Ferreiro.

xoves, 15 dec 2016
Abel Caballero acompañará a Francisco Vázquez no acto de descubrimento dun cadro coa súa imaxe o próximo mércores 21 de decembro no Concello da Coruña. O rexedor olívico acepta a invitación moi "honrado como amigo e como alcalde" para deixar constancia e transmitir a gran xestión de Paco Vázquez ao fronte da goberno local da Coruña. Previamente, Caballero manterá un encontro protocolario co seu homólogo coruñés, Xulio Ferreiro.