Escoitar

Caballero esixe á Xunta a posta en funcionamento do autobús ao aeroporto

O alcalde reclama a activación do convenio para que a Xunta subvencione un autobús ao aeroporto, tal e como fai en Santiago. O Concello enviou en setembro as observacións ao texto do convenio e aínda non obtivo resposta.

xoves, 15 dec 2016
Abel Caballero demandou este xoves ao Goberno Galego a posta en funcionamento "inmediata" da subvención autonómica para poder dispoñer na cidade dun autobús que comunique co aeroporto "exactamente igual que o teñen en Santiago".

Na capital de Galicia, tal e como apuntou o rexedor, a Xunta ten concedida unha axuda ao Concello de 340.000 euros para a liña de autobús que comunica a urbe co aeroporto. No caso de Vigo, o convenio entre as dúas administracións está parado dende que o 5 de setembro, o Concello enviara ao Goberno galego "as nosas observacións" sobre o texto para proceder á súa sinatura de forma inmediata". Dende entón, reitera Caballero, "non tivemos noticia sobre a subvención da Xunta ao aeroporto de Vigo".

Xunta de Goberno Local
O alcalde deu conta da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da contratación do subministro de equipos para renovar instalacións de xeración térmica no Pavillón do Carme e no complexo de Balaídos.