Inauguración exposición "Tecido crú II"
Este xoves día 15 de decembro, ás 20:00 h, inaugurarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) a exposición "Tecido crú II", organizada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura.
Nesta mostra, a través de máis de trinta pezas, presentase o resultado do proceso de intercambio de experiencia producido no espazo das aulas e que queda reflectido na construción destas pezas. As habilidades máis importantes do deseñador pasan por ser quen de procesar toda a información multidimensional que se trama no seu traballo ao proxectar, e dá lugar a sensacións que se trasladan directamente aos vestidos e deles ao corpo.
Esta exposición trata de amosar e facer lexibles os fundamentos do deseño, pero tamén o proceso de comprensión do vestido como un elemento de gran potencia dun xogo fantástico, imaxinativo onde trasladar toda a potencia do absoluto da poesía. O maiúsculo e o minúsculo, o visible e o invisible do que percibimos sensorialmente e do que podemos contar, diso que percibimos e trasladamos dende o noso mundo interior. O vestido froito destas investigacións na forma e na relación destes elementos co corpo fai explícita a lóxica de oposición presente na experiencia entre simetría fronte a irregularidade, estabilidade fronte a desequilibrio, estatismo fronte a mutabilidade. As calidades do tecido; valorar a súa trama, textura, a súa aspereza ou suavidade, rixidez, maleabilidade, dureza ou fraxilidade. Ante un tecido cru vémonos interpelados e desafíanos a necesidade de ir cara a dentro para pensar no de fóra.
A mostra, comisariada polas profesoras da Universidade de Vigo Lola Dopico e Cristina Varela, permanecerá aberta ao público ata o 29 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes