O goberno local traballa na potenciación das hortas urbanas nos centros educativos da cidade<br />
O rexedor avanzou esta mañá a intención municipal de potenciar a acción das hortas urbanas nos colexios da cidade. Así o explicou durante a visita que realizou ao Ceip Canicouva un "centro que realiza un traballo excepcional" e que xa conta cunha horta na que traballan os alumnos.
![1465390273canicouva.jpg 1465390273canicouva.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1465390273canicouva.jpg)