Escoitar

O Concello traballará coa Dirección Territorial de Comercio na promoción económica de Vigo

Nun encontro mantido este xoves con Javier Tena, director territorial de Comercio, o alcalde manifestoulle que a economía é un obxectivo fundamental do seu goberno, polo que aposta polo traballo conxunto das dúas entidades á hora de situar a Vigo no comercio internacional e captar investimentos cara a cidade.

xoves, 10 set 2015
1441890618reuiondirectorcomercio.JPG
Abel Caballero reuniuse na mañá deste xoves con Javier Tena, Director Territorial de Comercio, quen acaba de asumir o cargo e que, segundo explicou o rexedor, xa fora delegado de comercio nos anos 80 polo que "é amigo e cidadán vigués e retoma a súa función de técnico de comercio exterior aquí".

O alcalde expresoulle a Javier Tena a súa vontade de que "conte con nós para toda a promoción de comercio internacional que necesite de Vigo e para a captación de investimentos cara Vigo". Ademais incidiu en que "a economía é un obxectivo central" do seu goberno polo que a delegación de comercio internacional de Vigo, dependente do Ministerio de Economía, terá ao Concello ao seu dispor para todas aquelas cuestións nas que poida estar e contribuír á promoción de Vigo no comercio exterior e ao desenvolvemento económico do municipio.
Descargar todas as imaxes