Declaración do Concello de Vigo ante a morte de Joseba Pagazartundua
ETA acaba de asestar outra puñalada á liberdade. O asasinato de Joseba é outra tentativa infructuosa de acabar co sistema de convivencia escollido pola maioría dos cidadáns do estado: un sistema asentado no respeto aos dereitos e liberdades básicas e na aceptación dos desexos da maioría.
Os terroristas son incapaces de admitir que os postulados que defenden non son asumidos pola meirande parte dos cidadáns. Non aceptan ese principio básico da democracia e iso os leva á tolería de queren impoñer o seu pensamento por medio da violencia. As súas víctimas somos todos e todas, sen distincións, porque todos perdemos algo da nosa liberdade persoal cando se consuma un atentado. O que non conseguen arrebatarnos estes fanáticos é a dignidade de saber que nós estamos da parte da razón.
ETA adoita buscar como obxectivo directo dos seus atentados persoas que se distinguen pola súa valente defensa dos dereitos individuais e colectivos do povo vasco. É o caso de Joseba, servidor público de profesión e activista pola liberdade por sentimento e convicción. Para el é hoxe o noso recordo admirado, como as nosas palabras de ánimo son para aqueles outros que viven baixo a permanente ameaza das pistolas simplemente por defender con integridade o seu dereito a pensar e actuar libremente.
O terrorismo é a máis clara demostración de que o recurso á violencia non é nunca a solución dos conflictos: máis ben ao contrario, é causa de dor, sufrimento e ausencia de liberdades. As armas non son nunca a solución. Por iso os vigueses e viguesas seguiremos proclamando con firmeza e convicción o noso chamamento á paz.
Descargar todas as imaxes