O MARCO acolle ata o próximo 17 de maio Port Authority, unha mostra de Gintaras Didžiapetris
O alcalde eloxiou hoxe a orixinalidade de Port Authority, a mostra que ata o próximo 17 de maio se poderá visitar no primeiro andar do Museo MARCO. Os responsables de converter este espazo nun depósito arquivos, fotografías, películas... son os artistas Gintaras Didžiapetris, AaBbPp, Elena Narbutaitė, Rosalind Nashashibi e William Eggleston
O alcalde participou hoxe na presentación de Port Authority, unha mostra que convertirá o primeiro andar do Museo MARCO nun depósito, onde os obxectos repousan antes de seren distribuídos. A exposición, aberta ata o próximo 17 de maio, amosa un instante no tempo no cal a vida observable dos obxectos conforma unha visión particular do mundo, tal e como explicou a comisaria, Agar Ledo Arias, durante a rolda de prensa. Os artistas son Gintaras Didžiapetris, AaBbPp, Elena Narbutaitė, Rosalind Nashashibi e William Eggleston, e na súa posta en marcha contouse coa colaboración de Pavilion, Leeds (UK), Galería Elba Benítez (Madrid), e Embaixada de Lituania en Madrid.
Port Authority, unha exposición imaxinada como un lugar onde as ideas, obxectos ou seres se entrecruzan; un proxecto —que responde ao carácter portuario da cidade de Vigo— onde se exploran situacións de transferencia, nomadismo ou intercambio a través dun grupo de traballos concibidos por Gintaras Didžiapetris (Vilnius, Lituania, 1985) nos últimos anos: arquivos abertos (open files), fotografías, películas e obxectos que existen entre as actualizacións e correspondencias que se dan nos procesos de intercambio que lles afectan e nos afectan. A exposición incluirá, así mesmo, pezas de artistas como AaBbPp, Elena Narbutaitė, Rosalind Nashashibi e William Eggleston.
Nun contexto global onde o intercambio e os fluxos son constantes, as pezas de Gintaras Didžiapetris, alén de adoptar un estado de permanencia, están en constante fluxo temporal. As súas obras enténdense como parte dun sistema baseado en relacións, fronte ao baseado na aparencia. Existen no momento da súa actualización, nese proceso de transferencia que converte as pezas en entidades cunha existencia propia, non en meras representacións de algo existente. Nos seus desprazamentos e aparicións, as narrativas preexistentes québranse e recompóñense, esténdense.
Os traballos de Didžiapetris non se identifican cun medio concreto, créanse a partir de materiais e mecanismos orgánicos e sintéticos preexistentes, e xeran nas súas novas formalizacións novas vías de percepción, onde os procesos mentais adquiren máis importancia cá representación material. Son experiencias temporais, nómades, que implican reactivacións e transformacións baseadas en conexións.
Descargar todas as imaxes