Escoitar

Medidas de tráfico por obras

luns, 19 xan 2015
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización na rúa López Mora (tramo de acceso dende Pza América), a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua SA, estará pechada ao tráfico a rúa LOPEZ MORA(treito entre Pza América e Dr. González Sierra) , dende o martes 20/01/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun mes.
Os desvíos recomendados, debidamente sinalizados, para o acceso a Camelias dende Pza América por López Mora, establécense polo interior do túnel de praza América para o tráfico procedente de Castelao e Florida.
Recoméndase o desvío de tráfico afectado de Florida cara a Castelao por Martín Echegaray.
Para o tráfico afectado procedente de Castrelos recoméndase o desvío por Arquitecto Palacios, Bxada ao Castaño, Tarragona, Pintor Colmeiro, Alvaro Cunqueiro.
Habilítase un carril da Gran Vía para que, exclusivamente, os AUTOBUSES URBANO e ESCOLAR poidan acceder a González Sierra cara a López Mora_Camelias. Establécese, mentres dure o peche, sentido único en González Sierra, cara a López Mora_Camelias.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparación de muro na parte traseira (trav do Carme) da Gran Vía 181, a realizar pola empresa Jose Angel Alonso Costas , estará pechada ao tráfico a rúa TRAV DO CARME parte traseira de GRAN VIA(AVDA) Nº 181 (FREIXEIRO) , con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 20/01/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria na zona, establécese sentido único, con entrada pola Travesía de Portanet cara á rúa Pereiró, na rúa ORIÑOS. e sentido único, con entrada pola rúa Pereiró cara a Alcalde Portanet, na TRAVESÍA DE PORTANET dende o mércores 21/01/2015 ás 10:00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.