Caballero asegura que o inicio dos voos de Volotea impulsa a recuperación de Peinador

O próximo 2 de xuño arrancan os vóos de Volotea a Ibiza, Mallorca e Valencia, o que suporá, en verbas do rexedor, un novo impulso na recuperación da terminal viguesa. Acompañado polo director xeral da compañía, Lázaro Ros, Caballero non descartou a ampliación destes enleces nun futuro.

mércores, 9 abr 2014
1397060686volotea.JPG
Abel Caballero avanzou a "marcha conxunta con Volotea" para iniciar a tempada de verán con rutas a Valencia, Mallorca e Ibiza e non descartou que se abriran novos enlaces. Durante a presentación oficial desta programación estival, Caballero destacou a importancia destes destinos, dous deles vencellados ao turismo e outro, o de Valencia, máis relacionado co comercio. Deste xeito, dixo, "proseguese nunha nova etapa de recuperación do aeroporto de Vigo" que xa se iniciou co fortalecemento de conexións con Madrid e París, sen esquecer a busqueda do enlace a Londres. Durante o encontro cos medios, o alcalde cualificou a Volotea como "unha grande empresa" con gran capacidade de xerar vóos transversais e con gran experiencia noutros países como Francia ou Italia. Tal e como puntualizou, nuns meses evaluarase a marcha das rutas que arrancan o 2 de xuño para falar da posibilidade de ampliar estes vóos transversais.

Pola súa banda, o director xeral de Volotea, Lázaro Ros, agradeceu ao Concello "por axudar nos a volver a Vigo" e avanzou o seu compromiso de apostar pola cidade xa que o obxectivo da compañía dixo, "é crecer en España o ano que ven". Respecto das vendas de billetes, estas están nun 25%, o que supón unha boa cifra neste momento, segundo asegurou.
Descargar todas as imaxes