Escoitar

O Goberno municipal considera insuficiente o número de axentes da Policía nacional en Vigo

luns, 21 out 2002
A Comisión de Goberno do Concello de Vigo acordou por unanimidade na súa xuntanza de hoxe dirixirse ao Ministerio do Interior da Administración do Estado e ao Delegado do Goberno en Galicia para facer constar o malestar municipal polo traslado a Madrid, no marco do “Plan Focus” de trinta axentes da Policía Nacional destinados en Vigo.

A Comisión de Goberno considera que a devandita medida supón un incumprimento grave da obriga de garantir a seguridade cidadá en Vigo con medios suficientes e axeitados.

A Comisión de Goberno entende tamén que o feito de que o 10% do cadro de persoal da Policía nacional en Vigo se encontre vacante impide que este corpo preste con eficacia as súas funcións, polo que reclama ao órgano competente a provisión urxente deses postos de traballo.