Escoitar

Expogalaecia disporá de 80 expositores relacionados co turismo, gastronomía e artesanía

luns, 21 out 2002
imx1889.jpg
Programa
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentou Expogalaecia, o quinto salón de turismo, gastronomía e artesanía. Xornadas técnicas sobre ”A cultura como recurso turístico”, unha pasarela de novos deseñadores e 80 expositores serán algúns dos atractivos do evento que se celebrará do 30 de outubro ao 3 de novembro no Ifevi.

Expogalaecia ten como obxectivo contribuír a dinamizar o sector turístico na comunidade galega, facilitando o intercambio de experiencias cos xestores turísticos doutras comunidades e países.

Entre os sectores representados están as empresas relacionadas co turismo, países, axencias de viaxes, padroados, institucións e organismos, cadeas de hostalería, empresas de transporte, fabricantes de caravanas e material de campismo, artesanía e gastronomía.

”Museos e a súa repercusión no turismo”, impartida por Carlota Álvarez Basso, ”Novas tecnoloxías en hostalería”, por José Manuel Barbosa, e ”Novas tendencias do turismo”, por Francisco Sampaio, son algúns dos temas que se tratarán na xornada prevista para o 31 de outubro.
Descargar todas as imaxes