Escoitar

Os novos retos do sector hostaleiro será o tema central do II Congreso de Hostalería

xoves, 21 nov 2002
A concelleira de Comercio e Turismo, Lilian Álvarez, presentou o programa do II Congreso de Hostalería que se celebrará o 27 de novembro no recinto feiral do IFEVI. O congreso co título xenérico ”Os novos retos para o sector” está organizado pola Federación de Empresarios de Hostalería de Pontevedra.

O obxectivo do mesmo é coñecer e profundizar sobre os novos retos no sector da hostalería que nestes momentos está a experimentar un gran cambio, segundo os organizadores do congreso, polo que ademais de exposicións gastronómicas haberá conferencias a cargo de expertos.

Amaya Serrate, subdirectora de Ordenación Turística da Xunta de Galicia, pronunciará unha conferencia, no decurso do congreso, sobre ”A lei de ordenación do Turismo e a súa repercusión na hospedaxe e a hostalería”. Presentará o informe sobre o alcance, obrigacións e trámites para a adecuación das antigas e a nova clasificación para hostais, hoteis e similares.

”A informática ao servicio da xestión hosteleira” e ”Os retos da hostalería actual” son temas que tamén se tratarán no congreso.

O restaurador Juan Fernández Ginés, será o encargado de realizar unha exposición creada de figuras e composicións decoradas con froitas e outros alimentos.