Vigo conmemorará o 25 de novembro cun gran tapiz humano contra a Violencia de Xénero
Durante o acto de presentación, que tivo lugar este luns no Concello de Vigo, a concelleira de Igualdade, Chus Lago, reclamou o compromiso social na loita contra a violencia machista.
A concelleira de Iguadade de Vigo, Chus Lago, fixo esta mañá un chamamento á toda a cidadanía para participar nos actos da iniciativa Enlaza Vigo-Reacción cidadá contra a Violencia de Xénero, que se celebrarán durante esta semana para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O acto central de Enlaza Vigo-Reacción cidadá contra a Violencia de Xénero consistirá na formación, o vindeiro venres, día 23, na rúa Urzáiz, dun gran tapiz humano no que participarán 2.000 alumnos e alumnas de centros de E.S.O. e F.P. de Vigo. Ademais, o alumnado de 36 centros participa nunha exposición colectiva de traballos creativos, con técnicas libres, contra a violencia de xénero, que poderá visitarse desde hoxe e ata o venres na rúa do Príncipe.
Nunha rolda de prensa, a concelleira de Igualdade e máis cinco representantes dos colectivos de mulleres que integran o Consello Municipal da Muller, insistiron na importanza da concienciación social contra a lacra da violencia machista, que desde o ano 2003, data na que comezaron as estatísticas, cobrouse a vida de máis de 600 mulleres.
Nas súas intervencións, as representantes do Consello Municipal da Muller reclamaron a implicación dos medios de comunicación e de todos os poderes públicos para non minimizar o que é un xeito de terrorismo que padecen as mulleres, e suliñaron que é un problema de toda a sociedade, que non exclúe a ninguén e non teñe relación con ningunha circunstancia persoal, como poden ser o cultural ou o poder adquisitivo das persoas.
Neste senso, a concelleira de Igualdade suliñou que o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller atendeu durante este ano as consultas de máis de 1.000 mulleres. No acto de presentación da campaña Enlaza Vigo aos medios de comunicación, estiveron presentes diversas persoas que actúan como "Enlaces" desta iniciativa, é dicir, como prescritores e prescritoras nos seus ámbitos de influenza, do necesario compromiso social contra o terrorismo machista.
Chus Lago salientou a importanza da figura dos e das "Enlaces" tamén na loita diaria contra as actitudes e comportamentos machistas. A representación dos e das máis de 250 "Enlaces" que apoian a iniciativa Enlaza Vigo estivo formada polos escritores Manuel Bragado e Emilio Alonso; o músico Tony Lomba e as músicas Wöyza e Coral Alonso; a actriz Uxía Blanco; o pintor Nelson Villalobos; os xornalistas Eduardo Rolland e Javier Viana, e xogadores e xogadoras de baloncesto dos clubes Celta-Selmark, AMFIV e Seis do Nadal, e de voleibol, do Clube Vigo Voleibol.
A iniciativa Enlaza Vigo difúndese nas redes sociais Facebook e Twitter, onde conta xa con arredor de 1.200 seguidores e seguidoras, e unha audiencia directa estimada de preto de medio millón de persoas. Ademais, dispón da web www.enlazavigo.com, que actualiza os seus contidos en sincronía cos das súas redes sociais, ofrece información actualizada e opinións sobre Violencia de Xénero, así como as incorporacións das persoas que se van sumando á campaña como Enlaces.
Tapiz humano
O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro venres 23 de novembro, onde se formará un gran tapiz humano que simbolizará o rexeitamento da cidade de Vigo á violencia machista. O acto central de Enlaza Vigo- Reacción Cidadá contra a Violencia de Xénero comezará ás 12:00 h.
O alumnado vigués poderá participar dun xeito activo, desde a súa chegada ao punto de encontro (Farola de Urzáiz) e ata o momento de crear o tapiz humano, en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade.
Así, desde as 10:30 h. (hora prevista da chegada dos e das primeiras participantes) e ata as 11:45 h. (hora na que se comezará a formar o tapiz) haberá exhibicións de malabares, parkour, patíns en liña, breakdance, graffiti ou rap. Deste xeito, os mozos e mozas participantes poderán disfrutar dun variado programa, que coordinará un equipo de animación socioxuvenil. No acto, que contará coa colaboración da escritora Ledicia Costas e da pedagoga Nuria Carballido na parte de locución e animación, volverán a estar presentes as siluetas brancas que representan ás vitimas. O pasado ano estas siluetas tamén protagonizaron a cadea humana contra a Violencia de Xénero e posteriormente foron depositadas de xeito simbólico na ladeira do castro.
Trala lectura dun manifesto co gallo do 25 de novembro-Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a realización do tapiz humano, os alumnos e alumnas participantes regresarán aos seus centros de ensino. Gran parte do alumnado utilizará o servizo de transporte que a Concellería de Igualdade pon á súa disposición. O tramo da rúa onde se realizará este acto cortarase ao tráfico rodado para garantir a seguridade das persoas participantes.
Exposición colectiva
O alumnado dun total de máis de trinta centros do ensino da cidade participará do 19 ao 23 de novembro na exposición colectiva contra a Violencia de Xénero, que terá como escenario a rúa do Príncipe. De xeito ininterrumpido, de 10:00 h. a 20:00 h., a cidadanía viguesa poderá visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia machista.
Trala reflexión, organización e elaboración nos centros de ensino dos traballos participantes, plasmados nunha lona de 100 x 180 centímetros que foi achegada pola Concellería de Igualdade xunto ao material necesario, as obras foron recollidas pola organización deste evento para a súa montaxe na rúa do Príncipe.
Os traballos realizados abranguen diversas expresións artísticas, como pintura, debuxo, collage, graffiti ou textos. O alumnado vigués está a amosar nesta actividade, ademais dunha gran concienciación sobre o problema da violencia contra as mulleres, unha gran creatividade e orixinalidade.
A participación nesta exposición colectiva tamén está aberta a asociacións de mulleres e outros colectivos sociais. Ademais, as persoas interesadas en participar poden facelo a través dos paneis situados fronte ao MARCO. Vigo xa é un referente na loita contra a violencia machista. En non só na homenaxe e recordo ás vítimas, senón no compromiso individual das cidadás e cidadáns na erradicación deste tipo de agresións. Todas as persoas temos, non soamente o dereito, senón tamén o deber, de avisar á Policía ou á Xustiza se coñecemos un caso de violencia contra unha muller.
Descargar todas as imaxes