O artista Lino Cao recibirá o premio ”Mexillón de Ouro”
O parque de Castrelos acollerá o próximo domingo, 21 de xullo, unha nova edición da Festa do Mexillón que cada ano organiza a Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” en colaboración coa concellería de Festas e Animación Sociocultural.
No decurso da festa entregarase, como vén sendo tradicional, o “Mexillón de Ouro”, que este ano recaerá no que fora músico da Banda Municipal de Vigo, Lino Cao Santamaría. Con este premio, “El Olivo” pretende recoñecer o labor desenvolvido por este home a prol da cultura viguesa.
Da súa traxectoria, os membros da Federación de Peñas destacan a súa faceta de escultor, o papel xogado á fronte da Asociación de Bandas de Música, e o traballo que desempeñou durante a súa época de funcionario na concellería de Cultura da cidade.
A festa arrincará ás 10 da mañá, hora á que comezarán xa as degustacións deste molusco, e prolongarase ata as 3 da tarde. Os asistentes á mesma non só poderán disfrutar de 2.000 quilos de mexillóns preparados ó vapor, senón que tamén poderán degustar 300 quilos de empanada, todo isto regado con 800 litros de bo viño e acompañado de 200 quilos de pan.
A ración de mexillón custará 1 euro: a de empanada, 1,50: o vaso de viño, 80 céntimos de euro e a botella, 2 euros: mentras que o pan será gratis.
Un equipo de 150 persoas da Federación de Piñas traballará dende as 7 da mañá e durante o tempo que dure a festa para que todo funcione segundo o previsto e as máis de 5.000 persoas que se espera asistan a esta cita gastronómica marchen cun bo sabor de boca.
Wenceslao Cabezas “Polo” será o encargado de lelo pregón, un acto que está previsto para as 12:30.
A Festa do Mexillón estará amenizada polo Grupo Folclórico “La Peña Xuntanza”, que se prevé actúe sobre as 11 da mañá, e polo Grupo de acordeóns “Algareiro” de Bembrive, que deleitará ós presentes coa súa música despois da lectura do pregón.