Escoitar

Principia o VIII Festival Folclórico Internacional

xoves, 18 xul 2002
imx1677.jpg
Programa
A Concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou o ”VIII Festival Folclórico Internacional” incluído no programa de Festas do Cristo da Victoria.

O festival empezará o venres 19 de xullo na asociación de veciños ”Monte da Mina” de Castrelos e remarará o xoves 25 de xullo no Torreiro de Festas de San Andrés de Comesaña coa asociación folclórica ”Os ventos de Comesaña” e o ”Grupo de baile do Centro Cultural Nautilius”.

O acto central será o vindeiro sábado, 20 de xullo ás 22,00 horas no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, onde actuarán o grupo folclórico ”DJIGUIYA” de Burkina Faso, o conxunto folclórico nacional da República de Mari-el e o grupo de danzas castelás ”Diego Porcelos” de Burgos.

Tamén o domingo 21 no auditorio do CSCR de Beade actuarán o grupo de baile ”Semente da arte galega” e as pandeireteiras ”Volta do demo”. Na pista polideportiva da AVCD de Lavadores será ”Froles novas” o grupo invitado o martes 23 de xullo. O grupo folclórico ”Atlántida” actuará o mércores 24 de xullo no Torreiro novo de Matamá.


Información actualizada diariamente na Axenda Municipal
Descargar todas as imaxes