Escoitar

Chega a Vigo a calidade e virtuosismo da danza de Ángel Corella

venres, 19 xul 2002
imx1680.jpg
Presentación
O auditorio de Castrelos acollerá o sábado 20 de xullo unha gala de ballet de Ángel Corella & Stars of American Ballet organizada pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural. Dez bailaríns presentarán un espectáculo único pola súa calidade e virtuosismo cun repertorio variado representativo da gama de estilos da danza que van do clásico ó contemporáneo.

A concelleira Isaura Abelairas amosou, durante a presentación do espectáculo, a súa satisfacción por contar en Vigo cunha gala de danza destas características. Ángel Corella destacou a universalidade da danza e a necesidade de contribuír a crear unha cultura de ballet clásico.

”Pas d´ Esclave”, ”Satanella”, ”Jabilah”, ”Cisne Negro”, ”Romeo e Xulieta”, ”Pas de Deux”, ”Giselle”, ”Raymonda”, ”La Silphide” e ”El Corsario” serán os temas nos que se baseará o repertorio que amosarán en Vigo.

Actualmente, Ángel Corella é estrela convidada, ademais do Royal Ballet de Londres, do Ballet da Escala de Milán, do Ballet de Australia, do Ballet de Tokio e do Ballet de Chile.

ABT American Ballet Theatre é recoñecida como unha das grandes compañías do mundo. Realizou tamén máis de 15 xiras internacionais a 42 países como unha das compañías máis representativas de América.

American Ballet Theatre

Ángel Corella

Descargar todas as imaxes