O Promil arranxa os accesos ó instituto de Sobreira-Valadares coa construcción dunha beirarrúa
Unha brigada de operarios do Programa municipal de inserción laboral (PROMIL) comezou a traballar esta semana nas obras de acondicionamento dos accesos ó Instituto de Ensinanza Secundaria de Sobreira-Valadares, no que se fará unha beirarrúa de case que 200 metros.
Esta obra, coa que se da resposta a unha petición feita pola A.VV polo perigo que revestía para os rapaces a ausencia dunha beirarrúa, está previsto que estea rematada para primeiros do vindeiro mes de outubro, coincidindo co comezo do curso.
Na actualidade o PROMIL tamén está a realizar, entre outras, obras na rúa Balaidos, para a canalización eléctrica do novo alumeado público, e na rúa Costa Castrelos coa construcción de beirarrúas que facilitarán o acceso tanto ó Campo de Fútbol, como a dous centros escolares.
O plan de actuacións de obras que desenvolve o PROMIL lévase a cabo de acordo coas necesidades solicitadas polos diferentes departamentos do Concello e tamén como resposta a unha demanda cidadá. En canto ó material das obras é aportado polo peticionario, nestes caso a Concellería de Vías e Obras e Electromecánicos.
O PROMIL, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, é unha das actuacións máis importantes do Plan Municipal de Emprego, tanto pola súa filosofía como por ser pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Esta actuación de fomento do emprego supón a contratación de desempregados de longa duración durante doce meses para realizar obras de mellora no entorno urbano e rural do municipio de Vigo. Os beneficiarios deste programa selecciónanse de acordo co criterio de necesidade social, determinado este pola renda familiar.
Descargar todas as imaxes