APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 4 DO PXOM, RELATIVA AO FONDO EDIFICABLE NAS ORDENANZAS 3 E 4 (EXPTE. 13145/411)
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 4 de xuño de 2012, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro.- Aprobar inicialmente a Modificación puntual nº 4 do PXOM, relativa ao fondo edificable nas ordenanzas 3 e 4, versión v.1, formulada de oficio pola Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, e redactada polos servizos técnicos e xurídicos da XMU con data de xaneiro de 2012.
Segundo.- Abrir un trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e dar audiencia simultaneamente polo mesmo prazo aos municipios limítrofes.
Ao mesmo tempo, recabar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios.
Terceiro.- Aos efectos do art. 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que as parcelas afectadas pola modificación proposta son as que se rexen polas ordenanzas 3 e 4, matizando que consonte á normativa de aplicación en todo caso poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, que en todo caso respectarán as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no art. 120.1 do RPU, en relación co art. 77 da LOUGA."