O alcalde recibiu ao actual comandante da Mariña en Vigo, na despedida do seu cargo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste mércores unha entrevista formal con Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre, o actual comandante de Mariña na cidade de Vigo na despedida do seu cargo. O primeiro edil vigués quixo ofrecerlle unha recepción oficial ao comandante en recoñecemento ao traballo realizado desde a cidade.
![1310562070comandante.jpg 1310562070comandante.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1310562070comandante.jpg)