Escoitar

O Bus Turístico inicia o seu servicio de verán

martes, 25 xuñ 2002
imx1595.jpg
Dende hai unha semana xa está en funcionamento o servicio do bus turístico que pon en marcha a concellería de Comercio e Turismo e que durará ata o 15 de setembro. Un dos atractivos deste servicio turístico é o vehículo de dous pisos descapotado, que realizará catro itinerarios diarios. O bus comezará o seu primeiro itinerario ás 10.00 h. e rematará o seu último percorrido do día ás 20:30 h.

Os catro itinerarios diarios que realiza o bus son os seguintes: 10h. a 11.56: de 12 a 13.56: de 16.30 a 18.26 e de 18.30 a 20.26h., con saídas dende a rúa Cánovas del Castillo.

O prezo do billete para todo o día, con dereito a subir e baixar en calquera parada, ascende a 6 euros para adultos: 4,25 euros para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos e para menores de 3 anos é gratuíto. Os billetes véndense no propio autobús.

O bus turístico irá ata a zona de praias chegando ata Samil onde comezará o seu regreso pola zona portuaria e beiramar. A lonxitude do trazado é de 22,5 Km. Cun tempo de percorrido aproximado de 1 hora e 56 minutos, con paradas de 15 minutos no miradoiro do Castro e 15 minutos no Parque de Castrelos.

As paradas son as seguintes: García Olloqui, Areal, García Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda Monte O Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil Praia, Museo do Mar e Bouzas.

O ano pasado utilizaron este servicio preto de 7.000 persoas, cifra que se espera superar este ano.
Descargar todas as imaxes