Escoitar

Conclúe o ciclo de conferencias ”En clave feminina”

martes, 25 xuñ 2002
A Concellería da Muller organiza o ciclo de conferencias “En-clave femenina” que finaliza hoxe co obxectivo de dar a coñecer puntos de vista de mulleres cunha destacada vida profesional ou persoal. As charlas ofrecéronse cada martes desde o mes de marzo na aula sociocultural de Caixa Galicia (rúa Policarpo Sanz, 21) con entrada libre.

Co título ”Apuntes para unha historia lesbiana” pecharase hoxe este ciclo que contará coa participación de Beatriz Súarez Briones, profesora de Crítica literaria da Universidade de Vigo e presidenta do Colectivo de lesbianas e gais de Vigo. Presentará a conferencia Belén Martín Lucas, profesora de Filoloxía na Universidade de Vigo.

Esta conferencia enmárcarse dentro da semana na que se celebra o día mundial do ”Orgullo Gai”.

“¿Literatura lesbiana? Historias dun xénero”
Beatriz Suárez Briones

Nesta conferencia pretende demostrar que, para que un corpus de textos sexa percibido como un tipo de literatura específico, debe existir sempre un concepto previo de identidade cultural: calquera grupo humano (unha nación, calquera colectivo minoritario e/ou minorizado, calquera subcultura) debe ter desenvolvido previamente unha conciencia identitaria que lle permita definirse como grupo aredor dun conxunto de características distintivas. Para entende a literatura lesbiana como un xénero específico dében percorrer primeiro a historia da identidade lesbiana. O termo “lesbiana” é anacrónico cando se aplica as relacións homoeróticas entre mulleres antes do século XIX: tamén a literatura homoerótica feminina.

Esta conferencia proponse realizar o percorrido pola historia da identidade lesbiana: os seus avatares foron dando formas específicas á literatura lesbiana.

BEATRIZ SUÁREZ BRIONES é profesora titular da Teoría da Literatura na Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo. É membra fundadora e a representante da Cátedra de Estudios Feministas desa universidade. A súa liña de investigación prioritaria é a teoría feminista nas súas interseccións coa teoría da sexualidade e a teoría queer.

É autora de Sextualidades: Teorías e críticas literarias feministas (Barcelona: Anthropos, na prensa) e coeditora de Escribir en femenino: poéticas y políticas (Barcelona: Icaria, 2000), do sexto e último volume da Breve historia feminista de la literatura española (Barcelona: Anthropos 2001): do volume de literatura e cine Lecturas: Imágenes (Servicio de publicacións da Universidade de Vigo, 2001) e do libro sobre teoría do conto Asedios ó conto (Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo, 1999).

É a investigadora principal dun equipo internacional de investigación que ten en marcha actualmente o primeiro Proxecto de investigación sobre a teoría que financia unha universidade española (Vigo, 2002).

É presidenta de Legais, o colectivo de lesbianas e gais de Vigo.