O alcalde e a concelleira de Educación asisten ás representacións de peche de curso da Escola Municipal de Teatro
Abel Caballero e Laura López Atrio acudirán mañá mércores á xornada de clausura do curso da Escola Municipal de Teatro no auditorio do Centro Cultural Caixanova, onde ofreceranse tres representacións teatrais abertas a toda a cidadanía e a entrega de diplomas aos escolares. As obras darán comezo ás 19 horas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, acudirán mañá mércores á sesión de clausura do curso 2009-2010 da Escola Municipal de Teatro, na que o auditorio do Centro Cultural Caixanova acollerá tres representacións teatrais.
Desde as 19 horas, e aberto a toda a cidadanía viguesa, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro interpretará tres pezas teatrais nas que veñen traballando durante todo o curso, como son a adaptación da famosa obra de Lewis Caroll "Alicia no País das Marabillas???" ás 19 horas, "Caixa de Música" de Alfonso Zurro ás 19:30 horas, e a obra de José María Benet "Motín de Bruxas" ás 20 horas.
A actividade de mañá mércores pon o punto e final ás representacións organizadas pola Escola para conmemorar o fin de curso, tres semanas de obras teatrais nas que interpretaron seis obras tanto no Centro Cultural Caixanova como no auditorio da Asociación de Veciños Monte da Mina.
A xornada de clausura do curso incluirá tamén unha entrega de diplomas a todos os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro, que adquiriron formación teatral no centro dependente da Concellería de Educación durante o curso 2009-2010.
Descargar todas as imaxes