Escoitar

Gran acollida da Asociación para o Deporte de Base de Vigo

martes, 16 abr 2002
imx1304.jpg
Natación
Nas dependencias do primeiro andar do Concello de Vigo celebrouse onte a sinatura da acta fundacional da Asociación para o Deporte Base de Vigo. O concelleiro de Deportes destacou a importante acollida desta iniciativa, xa que 74 clubs da nosa cidade se constituíron como socios fundadores da mesma.

Santiago Domínguez sinalou que moi poucas asociacións se constitúen con tal elevado número de socios que queren significar a súa condición de fundadores e, polo tanto, impulsar esta iniciativa. Para o concelleiro de Deportes isto ten un significado moi importante xa que, como ten manifestado en reiteradas ocasións, esta asociación vai servir de impulso, colaboración e coordinación de todo o deporte de base da nosa cidade.

Empeza, polo tanto, unha nova etapa para os nosos clubs na que se poderán buscar novas vías para a consecución de distintos recursos tan necesarios para estas entidades.

Vigo, unha vez máis, demostra a súa potencialidade deportiva, xa que se constitúe na primeira cidade galega onde existe unha asociación deste tipo.

O concelleiro quixo tamén animar a todos os clubs para que, a partir de agora, traballen xuntos na procura de que Vigo, cada vez máis, sexa un gran referente do mundo deportivo.

Agárdase que aqueles clubs que non aparecen como fundadores se integren nos próximos días a esta fundación. Unha asociación que, xa nestes momentos, se pode indicar que segundo os números manexados representa a máis de 15.000 persoas entre directivos e deportistas. Estas cifras indican claramente a potencialidade de representación que a ASDEBAV ten agora mesmo xa na nosa cidade e en toda Galicia.

Por último, o concelleiro quixo felicitar moi sinceramente os clubs da nosa cidade por ter dado este importante paso e quixo tamén, unha vez máis, agradecerlles o seu importante traballo no mundo do deporte na nosa cidade.

Así mesmo, Santiago Domínguez, recordou que a Concellería de Deportes vai colaborar sen fisuras na potenciación desta asociación e anunciou que trala legalización da súa constitución se asinará un convenio que axude ás primeiras actuacións desta asociación, ademais de iniciar as xestións oportunas para que nos vindeiros meses ASDEBAV poida contar cun local social onde desenvolver as súas actividades.

A relación de clubs que figuran como socios fundadores é a seguinte:

CELTA DE VIGO DE ATLETISMO
CLUB PETANCA CELTA
SOCIEDAD VIGUESA DE TIRO OLIMPICO
A.D.LAVADORES C.F.
CLUB CELTA BOWLING
UNION DEPORTIVA SANTA MARIÑA
CLUB DEPORTIVO ALERTA TRAVIESAS
REAL AERO CLUB DE VIGO
AGAJA FUTBOL SALA
CLUB PETANCA VIGO
SOCIEDADE ATLETICA GAELICA
CLUB BALONMAN VIGO
INDEPENDIENTE F.C.
BALAIDOS CF
C.D.COYA
CLUB NATACION RIAS BAIXAS
CLUB DE LOITA O CASTRO-VIGO
CLUB PETANCA ENSINO
TREBOADA FS
CLUB DE LOITA SAN IGNACIO
C.D.VALLADORES
TRAVESAS HOCKEY CLUB
SOCIEDAD CAZA E PESCA A VIGUESA
VIGO STICK C.H. 2001
UNION BALONMAN LAVADORES
C.D.LA GUIA
C.D.SAN XOAN F.S. BASE
CLUB CICLISTA RIA DE VIGO
CLUB CICLSITA TEIS
CLUB A PEDRA FS
C.D.NITEO
MONTEFERRO BIKE CLUB
CLUB DE TENIS VIGO
A.D. GALICIA SOCIAL
A.D. SEIS DO NADAL-COIA
S.D. CRISTO DA VICTORIA
CLUB COMPAÑÍA DE MARIA
C.D.F. RIA DE VIGO
CLUB SABAJANES PETANCA
R.P.3 A.D.
UVCD CANDEAN
CORUXO CF
CLUB MARISTS EL PILAR
C.B. SAN XOSE DA GUIA
CLUB CICLISTA MEIXOEIRO
CLUB DE VELA ESCOTA
CLUB TRIATLON VIGO
A.D.FAMU
MOLEDO CF
RAPIDO DE BOUZAS CF
CLUB PATINAXE VALLADARES
CLUB DESCANSO SAMPAIO
CD CABO DE PEÑAS
CORUXO FS
CLUB PATINAXE ARTISTICA ANDURIÑA
AMFIV
C.C.A.R. VALLADARES
CD AREOSA
CLUB CICLISTA VIGUES
CF SAN ROQUE CASABLANCA
GRUPO ALFREDO GARCIA ALEN
AGRUPACION DEPORTIVA SODIM
CLUB MINAUTA
AGRUPACION DEPORTIVA ESCOLAR ROSALIDA DE CATRO
FED. PEÑAS RECREATIVAS EL OLIVO
CLUB PEÑA TREVINCA
S.D. MARCOTE
CLUB O PATIO F´.S
CARPA PATINAXE
ZANSHIN A.D.
CLUB ALBORADA
RAPIDO DE PEREIRO CF
S.D.ATLETISMO SAN MIGUEL DE OIA


Descargar todas as imaxes