Escoitar

A próxima semana ábrese o prazo para participar no ”Día da Muiñeira”

luns, 15 abr 2002
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza un ano máis o “Día da Muiñeira” en colaboración coa Escola Municipal de Danza e El Corte Inglés, e que se celebrará o próximo día 26 de maio na rúa Venezuela. As entidades interesadas en participar poderán facer a súa inscrición a partir da vindeira semana.

O Día da Muiñeira consiste na interpretación, por parte de cada grupo participante das danzas muiñeira, xota e ribeirana.

Os grupos interesados en participar neste acto deberán realiza-la súa inscrición na secretaría da Escola Municipal de Danza entre os días 22 de abril e 16 de maio, ambos inclusive, de luns a venres en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Así mesmo, tódolos grupos inscritos deberán recoller o plano de situación na secretaría, entre os días 20 e 24 de maio. A rúa Venezuela será o escenario onde se celebrará o Día da Muiñeira.