Escoitar

A remodelación de liñas de autobús comezará pola implantación da circular 3

luns, 29 out 2001
imx723.jpg
O Pleno da Corporación municipal aprobou a proposta de remodelación de liñas do autobús urbano presentada polo concelleiro de Circulación e Transportes, Xoaquín de Acosta. Tras este acordo, a reordenación do transporte urbano comezará a implantarse de xeito gradual. A primeira novidade será a creación dunha nova liña circular que unirá Teis con Bouzas e que terá unha frecuencia de paso 18 minutos.


A nova C·3 sairá do alto da Encarnación e pasará por Sanjurjo Badía, García Barbón, Pi y Margall, Tomás Alonso, Bouzas, Avda Castelao, Praza de España e a Travesía de Vigo. Cando esta nova circular esté asentada abordaranse as seguintes modificacións. O Concello calcula que tardará entre seis meses e un ano en poñer en marcha tódolos cambios previstos na remodelación de liñas.

No Pleno aprobouse tamén a implantación do billete de transferencia gratuíto e a creación de carrís bus nas rúas Fragoso (en sentido descendente), Pizarro (dende Isabel a Católica ata Vázquez Varela e dende Bolivia ata praza de España), en Urzaiz e Colón (sentido descendente), e en Paulino Freire (sentido descendente).
Descargar todas as imaxes