Un convenio coa Universidade permitirá poñer en marcha propostas transformadoras na educación, formación e emprego
A concelleira de Muller, Ana Gandón, e o vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade de Vigo, Pedro Merino, asinaron un convenio de colaboración para a realización da proposta de intervención do II Plan para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo.
As profesoras Luz Varela e Amada Traba, do departamento de Socioloxía, forman parte do equipo técnico responsable dos traballos científicos que deberán entregar antes do 15 de decembro para o seu debate no Consello Municipal da Muller e a súa posterior aprobación polo Pleno da Corporación. O proxecto conta cun presuposto de dous millóns de pesetas.
Ana Gandón manifestou que ”acordos coma este reforzan a implicación da Universidade coa sociedade” no relativo á posta en marcha de propostas transformadoras nos ámbitos da educación, formación e emprego de mulleres.
O vicerrector Pedro Merino explicou que o feito de que o número de mulleres universitarias supere o de homes non se traduce na equivalencia nos niveis de emprego masculino e feminino. Merino agradeceu tamén a confianza depositada polo Concello de Vigo nos grupos de investigación da Universidade.
Descargar todas as imaxes