Comeza a tempada da liga ”Vigo en xogo” na que se prevé a participación de máis de 8.000 deportistas
A Concellería de Deportes patrocina diversas competicións deportivas recreativas de especialidades non federadas. É o que se coñece como ”Vigo en xogo”, unha liga que principia o 27 de outubro e rematará o 18 de xuño de 2002. Os partidos de fútbol sete disputaranse en Samil, nas Travesas e no Mercantil e os de fútbol sala en tódolos pavillóns da cidade.
Haberá cinco grupos de 15 equipos de fútbol sete junior e outros tantos senior, seis grupos de 15 equipos de fútbol sala junior e senior, dous grupos de 10 equipos de fútbol sala xuvenil e cadete e tres grupos de baloncesto masculino e feminino.
Ademais da liga, o Concello patrocina torneos de Semana Santa de fútbol sete, fútbol sala e baloncesto, nos que está previsto que participen 172 equipos de distintas categorías. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase o ”Día dos xogos” no que se estima a participación de 48 equipos de fútbol sete, 48 de fútbol sala e 24 de baloncesto.
No V Trofeo ”Cidade de Vigo” de fútbol sete participarán 80 equipos junior e senior, 24 xuvenís, 16 cadetes e infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns.