Escoitar

A Concellería da Muller colabora coas ”Xornadas de formación do feminismo”

xoves, 25 out 2001
As ”Xornadas de formación do feminismo”, organizadas por Mulheres Nacionalistas Galegas, principian o venres 26 de outubro coa intervención da representante galega da Marcha de Mulleres en Quebeq, Begoña Caamaño, que falará sobre ”Feminismo e globalización”. As conferecias celebraranse ás 20:00 horas na Escola Oficial de Idiomas.

Mulleres na mitoloxía, Teoría lesbiana e movemento lésbico en Galicia, Muller e Ciencia e Historia do movemento de mulleres en Galicia son os títulos dos outros relatorios que se van ofrecer durante o mes de novembro.